Os Encontros Arqueolóxicos do Barbanza acadan este ano a súa XV edición

BOIRO> Chega a Boiro a décimo quinta edición dos Encontros Arqueolóxicos do Barbanza. Desenvolveranse na casa da cultura da Cachada os días 28 e 29 de maio. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 20.

O Centro Arqueolóxico do Barbanza, organizador destas xornadas xunto co concello de Boiro, deseñou un programa de gran alto nivel para esta decimoquinta edición que conmemora ademais o 20 aniversario do centro emprazado en Neixón. Destacados poñentes como María Martinón-Torres, Miguel Ángel Vidal Lojo ou o barbanzán Julián Bustelo ofrecerán os seus relatorios na xornada do sábado con temas tan interesantes como, por exemplo, as enfermidades prehistóricas, as artes de pesca antigas nas Rúas Baixas ou o Patrimonio industrial no Barbanza entre outros.

Isto no que respecta á xornada do sábado posto que o domingo pola mañá abrirá o ciclo de charlas o Director do Museo Nacional de Gibraltar, Clive Finlayson, seguido de Enrique Baquedano, director do Museo Arqueolóxico da Comunidade de Madrid. Os arqueólogos da Universidade de Granada, Auxilio Moreno e Francisco Contreras, pecharán o encontro cunha charla sobre os xacementos da Prehistoria recente no sur peninsular.

Ademais das sesións teóricas, os participantes poderán disfrutar de varias saídas complementarias durante a primeira fin de semana de xuño.

Os interesados en asistir poden reservar praza ata o 20 de maio tanto na modalidade libre como na certificada para  estudantes ou persoal docente. As inscricións realizaranse a través da web centroarqueoloxicodobarbanza.org.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí