Descende o número de usuarios de Cáritas en Ribeira

RIBEIRA> Cáritas Parroquial de Ribeira experimentou unha importante baixada no número de familias beneficiarias. Esta tendencia débese principalmente ó regreso de numerosos inmigrantes ós seus países de orixe ó longo deste ano. A pesar deste descenso, dende Cáritas alertan da precaria situación en que se atopan moitas das familias ás que seguen prestando asistencia. A maior parte non pode facer fronte a necesidades básicas como alimentación ou vivenda. A este apoio formativo súmanse os cursos organizados directamente por Cáritas para incrementar as posibilidades de inserción laboral dos usuarios. Ademais de colaborar estreitamente con servizos sociais, dende a entidade quixeron destacar o apoio de numerosos particulares e empresas locais que prestan servizo desinteresadamente como farmacias, clínicas dentais, conserveiras, froiterías ou comercios.