As obras da variante minimizarán o impacto sobre os bancos naturais

conselleiroterritorionoia_100_051009.jpgNOIA> O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas expuxo ante os membros da confraría o proxecto de execución da variante noiesa.

{flowplayer}barbanza/conselleiroterritorionoia.flv{/flowplayer}

Na súa visita a confraría de Noia, o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández, manifestou que as obras do viaduto e da variante de Noia se executarán seguindo as recomendacións da declaración de impacto ambiental favorable da Dirección Xeral de Ordenación e do informe da Consellería do Mar.

Así, empregarase un método construtivo que minimice á necesidade de recheos temporais, e colocaranse barreiras na zona de traballo, tal e como se está a realizar na variante de Outes, actualmente en fase avanzada de execución.

Diálogo constante

Con todo, o conselleiro comprometeuse a manter aberto ó diálogo cos responsables do pósito mentres duren os traballos de execución da variante e o viaduto. Como primeira medida, os dirixentes da confraría noiesa recibiron unha copia do proxecto para proceder ao seu estudio por parte dos biólogos do pósito.

O responsable de Medio Ambiente puntualizou que á espera definitiva do proxecto construtivo desta infraestrutura, a Consellería proxéctase unha dinámica de traballo similar á plantexada para a construción da variante de Outes.

Agustín Hernández destacou que esta infraestrutura viaria é esencial para articular as comunicacións viarias desta zona. Por iso recordou que, ademáis desta actuación, a Xunta impulsará a construción dunha estrada convencional entre o corredor Brión-Noia e a estrada de Boiro, así como un plan de sinalización e mellora de viais no Concello de Lousame.

Redacción Barbanza