Este venres arrancan as XXII Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

POBRA> As Xornadas desenvolveranse ó longo deste mes de outubro, do 16 ó 31. O programa de actividades presentado esta mañá será amplo e variado,  incluindo charlas, exposicións, teatro e música.

As Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán cumpren este ano a súa vixésimo segunda edición. A deste ano será unha edición especial, marcada, como non podía ser doutro xeito, pola covid. Para poder asistir a moitas das actividades programadas cumprirá reservar praza previamente polas limitacións de capacidade impostas en materia sanitaria.

Como en anos anteriores o programa será do máis variado, con charlas, teatro, música e varias exposicións. Unha delas será ‘Voces de Gesta’ coa que se abrirá este venres o inicio das Xornadas.

Na presentación das actividades tamén tomou parte o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen destacou o compromiso, tanto da dirección do Museo coma do propio concello da Pobra, en manter vivo o legado de Valle.

As actividades prolongaranse durante todo este mes de outubro. No programa destaca tamén a ofrenda cívica prevista para o vindeiro 30, cun acto conmemorativo na praza do Cantón da Leña.

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí