NOIA> Unha veciña de Noia critica que se retomaran os traballos de construción dunha gasolineira na Barquiña malia existir unha orde de paralización dos traballos.
As máquinas traballaban no recheo onde está previsto a construción dunha gasolineira, malia que, segundo indicou a denunciante, Eva Santiago, esta actuación estaba paralizada por orde de Augas de Galicia. Os traballos detivéronse hai dous anos tras as denuncias desta muller por ocupación ilegal de varias parcelas por parte da empresa propietaria do centro comercial anexo. Por tal motivo, Eva Santiago non entenden que puido dar a orde para que se retomase esta actuación cando as irregularidades aínda seguen sen resolverse.
{flowplayer}barbanza/obrasgasolineiradenuncianoia.flv{/flowplayer}
Tras poñerse en contacto con Augas de Galicia, o subdirector xeral de Xestión do Dominio Público, Juan Carlos Argüello aseguroulle que dende o ente autonómico non se dera orde de iniciar os traballos. Eva Santiago culpabiliza ó anterior goberno de Noia, e concretamente o ex alcalde Antonio Pérez Insúa desta situación. Asegura que únicamente se dedicou a poñer atrancos na busca dunha solución.
Vertidos fecais
Ademáis, a construción deste hipermercado non estivo exento de polémica, xa que daquela se desviara unha canalización de augas fecais que, na actualidade, siguen desaugando nunha parcela propiedade da denunciante. Por todo esto, e tras case dez anos de loita, Eva insta á Xunta de Galicia, e concretamente ó Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández a que se implique para buscar unha solución definitiva a esta problemática.
Redacción Barbanza