O Concello homenaxea ós campións nun acto sinxelo

platu250_071009.jpgVILAGARCÍA> Continúan os recoñecementos ós campións do mundo de Platú 25. Onte foi a corporación municipal a que lle rendíu homenaxe nun acto sinxelo. Os compoñentes do Vilagarcía xa miran cara a edición do vindeiro ano, que se celebrará en Alicante e na que loitarán por revalidalo título.

{flowplayer}images/salnes/platu_071009.flv{/flowplayer} 

Despois do recibimento ós tripulantes do Vilagarcía organizado o luns pola Autoridade Portuaria e no que participaron familiares e amigos, onte foi turno para a homenaxe do Concello. Un acto, canda menos, descafeinado, algo que xa se está a converter en habitual, só temos que lembrar hai uns días a benvida a Gustavo César Veloso.

Na foto, houbo máis autoridades que deportistas. A alcaldesa non coñecía algúns dos nomes dos campións e incluso á hora de recolle-las placas conmemorativas confundíronse. En definitiva, pouca organización e moita improvisación para un acto no que terían participado moitos vilagarciáns de terse anunciado de xeito adecuado.

Pese a todo, os campións, estiveron de dez tomándose a risa as equivocacións e agaradecendo o apoio de todos aqueles que lles axdudaron a acadar este éxito.

Agora tocaralles descansar e preparar outras citas fóra do Platú 25 antes de pensar en revalidalo título o vindeiro ano en Alicante.

Redacción Salnés