Silvia Aguete fai historia no fútbol sala femenino

PONTEVEDRA > Chegar ó máis alto do deporte non é algo fácil, pero chegar o máis alto do fútbol sala feminino, é aínda máis complicado. A selección feminina fixo historia esta fin de semana ó alcanzar a primeira copa de Europa nesta disciplina, e o conseguiu cunha pontevedresa entre paos, Silvia Aguete.

Considerada a mellor gardameta de España e a segunda mellor do mundo, Silvia Aguete está, sen dúbida no seu mellor momento. Un éxito que non foi fácil de acadar.

Unha das persoas que mellor a coñece e o seu adiestrador no Poio Pescamar, Dani Díaz, que describe así a gardameta.

Como será para Dani a partir de agora adiestrar a unha das mellores xogadoras do mundo?

Silvia Aguete deixou xa o seu nome para á historia do fútbol sala feminino e por iso, sendo unha referente neste deporte, quere deixar unha mensaxe para todas as nenas que están comezando a descubrir esta disciplina.

Despois de moito esforzo e traballo, Silvia conseguiu alcanzar a cima do éxito no fútbol sala feminino e de aí, xa ninguén poderá baixala.

 

Comments are closed.