Os hoteis de Sanxenxo preto da súa máxima ocupación

SANXENXO> A ocupación hoteleira en Sanxenxo supera o 85% da súa capacidade. Os hoteleiros agardan que a vindeira semana alcáncese o 100%. Aínda que xullo e agosto son os meses máis fortes, as altas cifras de visitantes poden chegar ata mediados de outubro.

A chegada do bo tempo comeza a notarse na ocupación hoteleira de Sanxenxo. Os establecementos atópanse preto do 100%. Unha cifra que dende o sector agardan alcanzar nos próximos días.

A estancia media dos visitantes sitúase entre os 4 e os 5 días. A pesar de que xullo e agosto son os meses nos que se alcanza a máxima ocupación, as altas cifras de visitantes poden alongarse ata mediados de outubro.

Son moitos os factores que converten a Sanxenxo nunha das localidades máis visitadas de toda Galicia. Dende o sector destacan que o que máis abunda é un turismo familiar que busca a tranquilidade, as praias, a natureza e a gastronomía.

O sector do turismo é un dos máis importantes do concello. Telmo Martín aseguraba hai uns meses que grazas aos visitantes o paro descende na vila por debaixo do 1%. Os hoteleiros confirman estes datos.

Nos últimos anos a ocupación hoteleira marcou os seus mellores datos. Sendo o ano máis destacado o 2017. Dende o sector agardan poder achegarse a esas cifras de visitantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí