Os veciños temen polas súas vivendas por culpa das obras do AVE

    fotoescardiacopia.jpgVILAGARCÍA> O Presidente da Asociación de Veciños asegura que nos momentos de máis actividade resulta imposible estar dentro da casa.

    {flowplayer}images/salnes/QueixasVecinosEscardia.flv{/flowplayer}

    A máquina que se coñece como pisón, serve para prensar a terra ó seu paso e exerce unha presión de 16 toneladas de peso. Nestes momentos, traballando a baixo ritmo, séntese tremer levemente a terra ó seu redor. Un tremor que segundo estes veciños se eleva considerablemente nos momentos de máis actividade.

    Tanto é así, que as consecuencias deste movemento da terra xa se comezan a ver nas casas máis próximas. Fendas nos muros, nas paredes. Roturas nalgúns casos e mesmo desprazamentos de tabiques que, segundo Jorge xa non terán solución.

    Segundo os veciños a solución para evitar que se continúen producindo danos resulta a priori bastante sinxela, entón ¿por que non se leva a cabo?

    Así as cousas, a empresa mesmo chegou a enviar a un técnico para realizar un informe, informe que asegura que os problemas das casas non teñen nada que ver coas obras e que se deben ós materiais empregados.

    En canto ó Concello, dende a Asociación aseguran que levan dende marzo agardando para reunirse co alcalde.

    Redacción Salnés