A FGN recibiu 248 chamadas para pedir consello ou denunciar trapicheos

    VILAGARCÍA> A Fundación Galega contra o Narcotráfico poderá manter a súa liña 900. A entidade ven de asinar un convenio coa Xunta, que suporá a inxección de 17 mil euros para a organización de actividades de loita contra a drogadicción. A Fundación destacou a importancia da liña telefónica, que no último ano recibiu 248 chamadas. A maioría foron buscando apoio ou consello para saír da droga, pero un 20% serviron para denunciar tráfico a pequena escala.

     

    Durante o último ano, o teléfono 900 102 300 da Fundación Galega contra o Narcotráfico recibiu un total de 248 chamadas. A gran maioría, segundo apuntan dende a entidade, son de consumidores ou de familias que buscan consello. Outras, ata un 20% son denuncias.

    Esta liña, que pronto terá unha réplica en internet, é só unha das iniciativas impulsadas dende a Fundación para loitar contra o narcotráfico e a drogadicción. Nestas actividades contan co apoio das institucións, entre elas a Xunta. Precisamente hoxe asinaron un convenio que suporá a inxección de 17 mil euros.

    Este non é o único convenio entre Fundación e a Xunta. Outro dos máis importantes asinouse en abril, e supuxo a creación dun servizo para a xestión dos bens decomisados e evitar o seu deterioro.

    Ao acto tamén asistiu o alcalde da vila. Alberto Varela gabou o traballo da Fundación, e ofreceulles o apoio do concello en futuras actividades.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/09/convenio_narcotrafico.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/09/convenio_narcotrafico.mp4{/flowplayer}