![]()
PORTO DO SON> A Xunta de Galicia vén de retomar o proxecto do punto limpo de Porto do Son, despois de que a anterior actuación fora paralizada.
{flowplayer}barbanza/puntolimposon.flv{/flowplayer}
A Consellería de Medio Ambiente está a traballar na elaboración dun novo proxecto para o punto limpo de Porto do Son. Se a tramitación segue o seu curso normal, a obra podería estar licitada antes de que remate o ano. O punto de reciclaxe ubicarase na antiga canteira de Caldeiras, próxima ó futuro parque empresarial.
Contrapartida
Os terreos foron cedidos pola comunidade de montes de Nebra. Como compensación, o concello acometerá unha serie de obras na parroquia.
O anterior proxecto para a construción do punto limpo tivo que ser paralizado pola aparición de elementos patrimoniais na parcela. Ademais a empresa adxudicataria declarouse en suspensión de pagos. Estes dous factores fixeron preciso elaborar un novo proxecto para proceder a continuación a sacalo novamente a concurso.
Redacción Barbanza










