O Concello de Vilagarcía coopera en Cabo Verde

    cooperacion_cabo_verde_copia100.jpgVILAGARCÍA> A concelleira de Igualdade e Benestar social de Vilagarcía, Ana Lorenzo, presentou, esta mañá, o desenvolvemento dos proxectos de cooperación en Cabo Verde co-financiados polo concello.

    {flowplayer}images/salnes/COOPERACION_CABO_VERDE.flv{/flowplayer} 

    O proxecto Apoio á implementación de políticas locais cunha perspectiva de xénero, promove a implantación de políticas igualitarias para o desenvolvemento de sociedades primordialmente machistas. A conselleira de Igualdade e Benestar social vilagarciana, Ana Lorenzo, afirmou que investimentos como estes son unha boa forma de invertelos orzamentos da poboación.

     Pola súa parte, Vera Almeida, alcaldesa do Concello caboverdiano de Paul, agradeceu a colaboración, e afirmou que sen o investimento o proxecto non sería posible. Almeida engadiu que se trata de un traballo duro debido ó contexto social do país, extremadamente machista. Por isto, o proxecto vai encamiñado a reeducación tanto das mulleres como dos homes.

    A concelleira de Benestar do concello de Praia, Gloria da Silva, afirmou que no seu pobo, o plan incide en 4 áreas: familia, traballo, educación e a loita contra a violencia doméstica.

     O Fondo Galego de Cooperación leva 6 anos traballando en Cabo Verde a través de máis de 30 proxectos. Esperan que o plan de igualdade teña un gran impacto sobre a sociedade caboverdiana.

    Redacción Salnés