Rosa Oubiña pide un regulamento para procesións marítimas

    rosaoubina100.jpgCAMBADOS> O PP solicita crear un regulamento para as procesións marítimas do Carme e así o propuxo no Parlamento a deputada Rosa Oubiña.

    {flowplayer}images/salnes/pp_procesions_maritimas.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O PP insiste en crear un regulamento para as procesións marítimas do Carme e así o propuxo no Parlamento a deputada cambadesa Rosa Oubiña.

    Os populares queren que se autoricen estas celebracións e que se permita o embarque de imaxes, bandas de música, e persoas non ligadas á empresa. Segundo o regulamento que propoñen, as capitanías do porto indicarían cada ano o máximo de persoas a embarcar, tendo en conta a seguridade da embarcación. Os populares queren que se autorice a contratación de seguros para cada un deses eventos. Tamén que os armadores e patróns dos buques non poidan percibir compensación económica algunha por parte dos participantes, ao marxe das que acorde a comisión de festas.

    No regulamento que propón o PP, as persoas que embarquen faríano libremente eximindo de toda responsabilidade a patróns e armadores das embarcacións, non podendo levar a cabo ningunha reclamación contra eles, exceptuando os dereitos que lles poidan corresponder de acordo coas cláusulas estipuladas nos contratos de seguro. Ademais, os patróns dos barcos poderían denegar o embarque se ven que se exceden os límites establecidos polas capitanías, polos contratos de seguro ou cando poida supor un risco para a seguridade do buque.

    Os populares cren que este regulamento permitirá conservar esta práctica tradicional.

    Redacción Salnés