A POBRA> A Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza conta con novo material para os adestramentos. Ademais da renovación de xaveliñas, listón ou cintas métricas, o concello adquiriu elementos cos que aínda non contaban como un anemómetro, un marcador e prismas de saída.
O estadio da Alta acollía onte a presentación do novo material para a práctica deportiva no que o concello da Pobra investiu algo máis de 25 mil euros.
Ademais de renovar os elementos utilizados nos adestramentos diarios, procedeuse á adquisición de novos materia como un marcador, anemómetro ou un xergón para salto de altura.
Ademais da compra do material, dende o concello lembran que están a piques de comezar as obras de construción do novo módulo cuberto do estadio.