![]()
NOIA> Os máis de mil seiscentos produtores a pé e a flote que se deron cita nos areais retiraron preto de vinte e oito toneladas de bivalvo.
Ao redor do mediodía a lonxa de Testal comezaba a recibir os primeiros mariscadores que abriron esta mañá a campaña deste ano. Aos poucos, foron desembarcaron na rula noiesa os máis de mil seiscentos produtores a flote e máis de catrocentas mariscadoras de a pé que traballaron na xornada inaugural. En xeral, un primeiro día produtivo, sobre todo para as de a pé, que capturaron unha ameixa fina de altísima calidade.
{flowplayer}/barbanza/campanamarisqueiranoia.flv{/flowplayer}
As cotizacións desta tarde foron similares a da pasada campaña: o quilo de berberecho oscilou entre os dous e oito euros e a ameixa babosa chegou a os nove euros. A fina foi a única cotización que non acadou as expectativas previstas, xa que malia a súa calidade, non superou os once euros.
Veda en Testal
O areais de traballo foron os de San Cosmé, Misela, Taboleira e Freixo. A confraría prefire manter pechada a praia de Testal ata finais de decembro, dado que esta zona produce moi boa ameixa, que prefiren reservar para as datas de Nadal cando o bivalvo cotiza máis alto. Tampouco houbo queixa no tocante a cantidade de marisco presente nos bancos, xa que todos os produtores acadaron os topes establecidos.
En total, retirouse do mar neste primeiro día de campaña vinte toneladas de berberecho, nove toneladas de ameixa babosa e cincocentos quilos de fina. En vindeiras semanas está previsto sementar cinco millóns máis de cría procedente do semilleiro de O Freixo polo que o patrón maior espera que non haxa problemas coas capturas. O que preocupa máis o dirixente noiés é o furtivismo, do que se notou un repunte nas últimas semanas.
Está previsto que a campaña dure seis meses, sempre é cando haxa recurso e os precios se manteñan.
Redacción Barbanza








