Rouban material por valor de 6.000 dunha tenda de informática

     A ILLA> Os ladróns entraron na madrugada do mércores ó xoves na tenda de informática Maap. De alí leváronse máis de 6.000 euros en material.

    {flowplayer}images/salnes/RouboInformatica_120413.flv{/flowplayer} 

    O propietario de Maap, Juan José Piñeiro, enterábase dos feitos a través da Policía, na mañá do xoves. Foi na noite anterior cando entraron no seu negocio, aproveitándose os ladróns do forte temporal que lles permitíu non ser escoitados polos veciños da zona. Na tenda non posúen alarma pero si cámaras, grazas as cales souberon que os ladróns fixeron ata tres tentativas para entrar no establecemento.

    Os danos materiais foron máis ben escasos, pero as perdas económicas moi cuantiosas. Levaron entre outras cousas ordenadores, portátiles, móbiles ou tablets, non só os que estaban á venda, senón tamén aqueles de clientes que os deixaran na tenda para a súa reparación.

    Xa garatiron a todos estes clientes afectados que lles darán novos aparatos electrónicos en compensación polos que foron substraídos. Os propietarios non teñen sospeitas de quen puido ser, o único que saben grazas á grabación é que foron tres persoas as que entraron a roubar. Os feitos xa están denunciados e baixo investigación policial. Tamén deron parte ó seguro para ver ata onde lles pode cubrir as cuantiosas perdas sufridas.

    Redacción Salnés