O Soller visita Fontecarmoa con Murphy como maior ameaza

VILAGARCÍA> Esta semana non xoga o Xuven, tócalle descansar. Sí que o fará o Extrugasa que recibe en Fontecarmoa ó Soller. As vilagarciáns queren rachar coa xeira de tres derrotas consecutivas ante un rival directo polo quinto posto da xeral. As baleares contan nas súas filas con Esahya Murphy, máxima anotadora da competición.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_110211.flv{/flowplayer} 

Quizáis os números non din a verdade sobre o Soller. As baleares son oitavas e suman as mesmas victorias que o Extrugasa, pero trátase dun dos conxuntos máis potentes do campionato. Así pode conprenderse que gañasen a semana pasada ó Mann Filter, que fixesen o propio co Rivas un mes atrás e que a piques estivesen de asaltar o feudo do Perfumerías Avenida. Un conxunto que conta coa máxima anotadora da liga e mellor valorada, a aleiro Esahya Murphy, que promedia 25 puntos e 8 rebotes por encontro.

Tito Díaz teme máis ó colectivo que á figura de Murphy e cree que o papel das pívots pode ser unha das claves do encontro. O técnico lucense amósase moito máis tranquio que en semanas anteriores logo de que o equipo recuperase a intensidade a xornada pasada ante o Rivas. 

No cadro local, recuperada xa Marta Blanes da súa lesión, agora preocupa un golpe que recibíu Mandissa Stevensson nun xeonllo. Onte non adestrou pero agárdase que poida estar en perfectas condicións para o choque do sábado.

Redacción Salnés