O BNG cualifica de “preocupantes” os Orzamentos da Xunta para o 2010

    bngorzamentos_100_21102009.jpgBARBANZA> Consideran que non ofrecen alternativas para sair da crise e que abren a porta a un deterioro do sistema público de prestación de servizos.

    De decepcionantes, negativos e preocupantes cualificaron os nacionalistas da Barbarza o proxecto dos vindeiros orzamentos, que o goberno autonómico vén de presentar.

    {flowplayer}/barbanza/bngorzamentos.flv{/flowplayer}

    A deputada desta formación política no Parlamento, Ana Pontón afirmou que estes presupostos certifican a incapacidade do goberno da Xunta de ofrecer alternativas para sair da crise e o retroceso nas prestacións pública dos servizos coa reducción de investimentos en eidos como a sanidade e a educación, abrindo ás porta á privatización.

    Recortes e escasos investimentos

    Pontón Mondelo criticou tamén a reducción en investimentos destinados a sector da pesca, un dos motores produtivos da comunidade galega. No tocante a política de normalización lingüística, a deputada nacionalista denunciou un recorte dun vinte por cento na partida orzamentaria en relación aos presupostos deste ano, o que evidencia, dixo, a falta de compromiso do actual goberno da Xunta coa lingua galega.

    Ana Pontón puxo en evidencia que moitas das promesas electorais do partido popular non teñen plasmación real nestes orzamentos. Os nacionalistas pregúntanse porque non aparece orzamentado un proxecto como o da nova escola infantil de Ribeira, ao que se comprometeu públicamente meses atrás a Consellería de Benestar e o alcalde de Ribeira.

    Pero o que máis preocupa aos nacionalistas son os escasos investimentos en materia medioambiental na Barbanza e que non figure consignada unha partida destinada a construción do macropolígono comarcal, unha iniciativa promovida polo anterior bipartito, do que xa se tramitara a adxudicación da redacción do proxecto de expropiación.

    Redacción Barbanza