Pomóbil espera que as axudas ó sector manteñan as ventas

    pomovil_copia100.jpgPONTEVEDRA> Os días 13, 14 e 15 de novembro celebrarase a décimo segunda edición de Pomóbil, o Salón do automóbil de Pontevedra.

     {flowplayer}images/salnes/POMOVIL.flv{/flowplayer}

    Nesta edición 2009, os organizadores esperan ver materializados os desexos dos consumidores de comprar un coche grazas as axudas aprobadas pola Xunta e o Goberno Central. Esas subvencións poderían incentivar as ventas e paliar os efectos da crise, que son especialmente ostensibles no sector do automóbil galego e español.

    Para esta décimo segunda edición de Pomóbil, prepárase unha amplísima gama de coches híbridos, apostando polo medioambiente e o respecto ecolóxico. Xunto a estes exemplares, tódalas marcas presentes ofertan os seus últimos modelos.

    Como é tradicional en Pomóbil, celebraranse actividades de carácter popular. Este ano levarase a cabo o Primeiro Campionato galego de Aparcamento. Repartiranse premios dotados con más de 1.000 euros e os seus correspondentes trofeos. Para desenvolvela proba, contarase con varios coches na explanada do recinto. Valorarase a habilidade e a destreza dos competidores á hora de aparcar. Pomobil 2009 trata de xuntar a venta de coches co divertimento e a participación en actividades dos asistentes.

    Redacción Salnés