BOIRO> As persoas interesadas poderán presentar os seus proxectos ata o vindeiro 18 de setembro. As bases e toda a información están a disposición dos usuarios na web www.labbarbanza.gal.
O proxecto de coworking Emprende Lab Barbanza, que desenvolve o concello de Boiro, co financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración da Asociación Boirense de Empresarios amplía o seu prazo de presentación de propostas.
Os proxectos poderán presentarse ata o vindeiro 18 de setembro. O Concello decidiu ampliar o prazo coa finalidade de que máis proxectos se poidan unir á iniciativa. Na actualidade só hai oito propostas presentadas dun máximo de vinte.
A iniciativa, que ten coma obxectivo dinamizar e apoiar o lanzamento e o crecemento de proxectos empresariais tanto do municipio como da comarca, levariase a cabo en varias fases.
O programa está destinado tanto a novas empresas como a empresas xa constituídas que buscan ampliar as súas liñas de traballo ou negocio.
As bases do programa e toda a información está a disposición das persoas interesadas na web www.labbbarbanza.gal ou no enderezo electrónico info@labbarbanza.gal