![]()
VILAGARCIA> O IGAPE podería resolver esta semana conceder 15 millóns de euros para reflotar o Grupo de Empresas Alfageme. Esta decisión, tal e como…
{flowplayer}images/salnes/261009_alfageme.flv{/flowplayer}
… se falou esta mañá nunha xuntanza mantida con representantes deste departamento da Consellería de Economía e Facenda, representantes da empresa e dos sindicatos dos traballadores, estaría pendente dunha resolución favorable da maioría dos sindicatos con representación na empresa.
Esta resolución atópase nun punto morto, alomenos ata o vindeiro mércores, á espera de superar un último escollo. Representantes sindicais da CIG e da UXT dos traballadores da planta que se verá extinguida de Vigo reclaman que se a factoría de Vilaxoán, en Vilagarcía, á que se van a ver trasladados tamén quebra, os empregados desprazados reciban unha indemnización destes fondos do goberno galego. Un termo que desde CCOO ven como un erro que ralentiza esta posible solución, e que podería mesmo chegar tarde para a dinamización da empresa.
Ante esta situación, as delegadas de CCOO neste grupo empresarial fan unha chamada á cordura; posto que esta solución non é viable; xa que de entrar en quebra a empresa, aplicaríase a lei concursal, que anularía calquera acordo previo sobre indemnizacións de despido.
De seren concedidos estes fondos polo IGAPE, procedería a administralos o novo Consello de Administración, que estaría composto por dous dos ata agora propietarios, e tres persoas independentes, baixo a dirección de Francisco Rivas; unha persoa que, a priori, conta ca confianza de Comisións Obreiras. Este novo director xestionaría tamén os beneficios da venda dos terreos que ocupan as factorías de Vigo e do Grove, unha vez que estas se extingan, para concentrar a producción nas factorías de Ribadumia e Vilaxoán.
Redacción Salnés








