ACERGA presenta alegacións ó reparto de cotas europeas

    PORTO DO SON> A asociación do Cerco de Galicia (ACERGA) remitiu unha serie de alegacións ó Ministerio de Pesca para lograr modificacións no reparto de cotas aprobado inicialmente pola Comisión Europea. A caída de especies claves como a  xarda e o xurelo pon contra as cordas ó sector, pendente aínda da resolución europea sobre o plan da sardiña conxunto con Portugal. Cinco millóns de quilos menos de xarda e xurelo que o pasado ano. Este é o recorte que suporán para o cerco os TACS aprobados inicialmente por Bruxelas; un reparto que din, dende ACERGA, deixará más que tocado ó sector que vive fundamentalmente destas dúas especies. Para revertir ou alomenos minimizar esta situación, a entidade xa presentou alegacións. Confían en que a situación mellore posto que falta por incorporar as cotas do pasado ano que non consumiron- Tamén solicitan o intercambio de cotas por zonas para non deixar ás oitava c e novena a con tan escasas posibilidades. Propoñen ademais un límite de descargas de dez mil quilos por barco para evitar a caída da cotización e garantir, alomenos, un prezo competitivo do peixe. Con respecto á sardiña non se inclúe no reparto xeral senón que vai nun plan conxunto con Portugal que xa foi remitido á Comisión Europea. Trátase dunha proposta encamiñada á recuperación da especia, con seis meses de veda e un tope de capturas de catorce mil seiscentas toneladas.