Portonovo e Ribadumia asinan táboa nun derbi entretido

derbi250_261009.jpgSALNÉS> Portonovo e Ribadumia empataron en Baltar (1-1) nun partido que os de Carducho deixaron escapar no tempo de prolongación.

{flowplayer}images/salnes/derbi_261009.flv{/flowplayer} 

Bo partido de futbol o presenciado en Baltar entre dous equipos que compiten por metas ben distintas pero que onte mereceron o que se levaron, un empate. Se cadra o Ribadumia foi mellor no cómputo xeral, tivo máis ocasións e grazas ó bo planteamento de Carducho desartellou o mediocampo arlequinado. Pero cando se puxo por diante, non soubo xogar con tranquilidade.

A primeira opción teríana os locais nun erro de Juanjo ó que apunto estivo de chegar Fiti. O mesmo pasoulle a Samu na outra área; quedouse a centímetros de poder rematar o centro de Fran dende a dereita. Pouco despois, e esta vez pola esquerda, Berto servía para o disparo raso de Julio, que chapou Solla.

Pero a máis clara sen dúbida da primeira metade sería dos locias, de novo propiciada por unha indecisión dos visitantes. A falta botada por Óscar Guimeráns petou nun defensor e tívoa que sacar Juanjo sobre a mesma liña de gol.

Na segunda metade continuou o xogo de ataque, cos ribadumieses tomando a iniciativa. Valiñas cabeceou fóra unha falta lateral. A resposta tardou pouco en chegar; sería de novo Guimeráns o que se quedase ás portas do gol tras un centro dende a esquerda de Fiti.

O dominio do balón pasou entón a ser máis do Portonovo, algo que aproveitaron os visitantes para saír as contras. De milagre non chegou o primeiro en dúas accións, levadas por Berto e Manu Sierio, que non atinou por dúas veces ante o marco de Solla.

Pero sería o propio Manu Sierio a dez para o remate o que fabricaría o gol do Ribadumia. Nunha xogada non exenta de sorte, lévase varios rebotes para cederlle a Ramón que decidíu con categoría. O atacante aurinegro levaba tan só cinco minutos no campo e podía converterse no artífice da segunda victoria consecutiva dos de Carducho.

Pero nada máis lonxe da realidade porque o Portonovo espertou. Fíxoo grazas ás concesións do seu rival, que se botou descaradamente atrás e ademais quedouse con dez pola expulsión de Ríos, nunha acción máis que infantil. Por empuxe e calidade chegaría o empate xusto no 90′. O tanto foi dun que xa está acostumado a salvarlle a vida ó seu equipo en repetidas ocasións. Nacho dende segunda liña entraba para cabecear dentro o balón do empate.

Non deu tempo para máis, 1-1, que non deixa a ningún contento: os portonoveses porque precisaban gañar para non descolgarse cos de arriba e os ribadumieses porque deixaron escapar tres puntos que tiñan no peto.

Redacción Salnés