O BNG renova as portavocías de Cambados e O Grove

SALNES> O Bng renova aos voceiros de Cambados e do Grove. Na vila do albariño, Liso González substituíra a Víctor Caamaño, e no Grove, David Torres asumirá a portavocía que ata agora lideraba Heladio Outeiro. Tamén hai cambios no consello comarcal coa renovación de case a metade dos seus membros.

O BNG do Salnés comeza unha nova etapa. Esta semana, a formación realizou unha asemblea comarcal para constituír ao novo consello do Salnés. Na asemblea só se presentou unha candidatura, liderada de novo por Manuel Domínguez e Xoán Castaño. Pero o seu equipo presenta agora practicamente a metade de caras novas para marcar o futuro da formación.

Os cambios máis significativos danse nas portavocías de dous concellos. En cambados, Liso González substituirá a Víctor Caamaño, tras 14 anos ao mando.

E no Grove, David Torres collerá a portavocía que deixa Heladio Outeiro.

Dende o BNG consideran que todos estes cambios aumentan a fortaleza do partido. Un crecemento que os empurrará a afrontar con moitas ganas e ilusións as vindeiras eleccións municipais.