Escasa concorrencia no Concurso dos Maios do Grove

    O GROVE> Moitos Concellos das Rías Baixas celebraron hoxe os maios. Desde última hora de onte moitos vehículos xa lucían unha pola de toxo,…

    {flowplayer}images/salnes/maios_grove_010512.flv{/flowplayer}

    …que din que evita o envite das meigas. Xa hoxe, moitos veciños argallaron composicións florais e cantigas co gallo deste día.

    No caso do Grove, este Concello tivo que trasladar a exposición dos maios á rula por mor do mal tempo. Aquí puidemos ver moitas menos representacións que outros anos, moitas delas da familia Meis, que acaparou o primeiro premio nas categorías tradicional e artística, e tamén o segundo na categoría tradicional. Logo de moitas horas de traballo en familia recibiron un premio en metálico e, como tódolos participantes, unha rosca de balde.

    Amais da escasa participación destas creacións con flores e herbas típicas da nosa comunidade, no Grove este ano faltaron as cantarelas. Con todo, desde a organización aseguran que se segue adiante positivamente na recuperación desta tradición.

    Redacción Salnés