A Consellería do Mar destina 81 millóns para a comercialización

    rosa_quintana_copia100.jpgVILAGARCÍA> Rosa Quintana afirmou que as partidas orzamentarias están destinadas a reforzar as estruturas produtivas e transformadoras.

    {flowplayer}images/salnes/ROSA_QUINTANA.flv{/flowplayer}

    A comercialización e a transformación son os aspectos fundamentais que a Consellería de Mar quere potenciar ó longo do 2010. Rosa Quintana explicou que investirá a meirande parte do orzamento do departamento, 81 millóns de euros, á pesca de altura e gran altura, a potenciar a acuicultura e a mellorar a comercialización. Quintana recalcou que o sector pesqueiro galego debe reforzarse para mellorala súa competitividade nos mercados por iso destina más de 34 millóns de euros.

    Respecto á pesca, a conselleira do Mar, afirmou que o departamento dará estabilidade e equilibrio á flota ambiental, económica e socialmente. Desta forma, o esforzo orzamentario vai dirixido en dous eixes de traballo. Un centrado nas paradas da flota, ben sexan temporais, ós que se destinará 1,1 millóns de euros, ou definitivas, con 12,6 millón de achegas ás empresas e 10,9 a medidas socioeconómicas. O outro eixe, está dirixido a apoiar a mellora da flota.

     A acuicultura contará cunha inversión de máis de 13 millóns de euros destinados ó desenvolvemento de plantas, formación nesta materia e a acción de I+D+i.

    Quintana aproveitou o seu desprazamento a Vilagarcía para amosar o seu compromiso coa industria. Así visitou Conservas CUCA e as instalación de Pérez Lafuente.

    Redacción Salnés