O xadrez escolar despide o ano co Open McDonalds

xadrez250_271009.jpgVILAGARCÍA> Esta fin de semana tivo lugar o peche do Circuito Galego Escolar de xadrez. Foi en Vilagarcía, no Auditorio Municipal, onde se celebrou a duodécima e última proba, o Trofeo Open McDonalds. 200 rapaces e rapazas tomaron parte na competición.

O III Open McDonalds de Xadrez pechou esta fin de semana o Circuito Galego Escolar, no que foi a duodécima proba desta cita anual. Fíxoo en Vilagarcía, en dúas xornadas de xogo que remataron coa gala na que se entregaron os premios os gañadores.

200 xogadores de toda a rexión participaron nesta competición para cinco categorías, dende promesas, sub-8 a cadetes, ou o que é o mesmo, sub-16.

De destacar foron os excelentes resulatdos dos xadrecistas do club local, o Fontecarmoa, que leváronse tres campionatos autonómicos.

En sub-8 Jaime Martínez Doldán do Fontecarmoa, impúxose ó seu compañeiro Jorge Segura, mentres que nas rapazas a victoria foi para Mireia Represa do Laroca de Nigrán.

En sub-10 a vilagarcián Andrea Dorado foi a mellor no cadro femenino acompañada por Alberto Portela, do Xadrez Pontevedra, no masculino.

En sub-12 Lucas Abal xa tiña amarrado o título para o Fontecarmoa. A él uníuse o terceiro posto final de Julio Suárez. Inés Prado, do Grupo Bazán venceu na proba e tamén na clasificación xeral final.

Polo que respecta ó sub-14 os triunfos foron a parar a mans do ourensán Martín Arellano e da pontevedresa María Alonso Macías, mentres que nos cadetes gañaron Anxo Carreira, do Universitario de Santiago e a ferrolán Aránzazu Sánchez.

A festa do Xadrez pechouse cunha gala no auditorio no que ademais dos trofeos houbo sorpresas e diferentes actuacións que entretiveron especialmente os máis pequenos.

Redacción Salnés