Wombo Combo convida ós adolescentes de Ribeira a reflexionar sobre o uso das redes sociais

RIBEIRA> A rede de Dinamización Lingüística leva ata Ribeira a representación teatral Wombo Combo, inspirada no texto de Paula Carballeira. A función será este domingo ás sete no auditorio municipal. A entrada é de balde e está dirixida principalmente a público infantil e adolescente.

O uso das redes sociais e a necesidade de xestionar o seu manexo centran a obra de teatro Wombo Combo que recalará en Ribeira este domingo. Baseada nun texto de Paula Carballeira, convida ós adolescentes a achegarse ó mundo das novas tecnoloxías dende outro punto de vista.

Aínda que vai dirixido a maiores de 8 anos, trátase dun espectáculo visualmente moi atractivo polo que está aberto ó público familiar.

A entrada é de balde e poderá retirarse invitación a partir das seis e media por orde de fila. A función comezará ás sete da tarde e dura aproximadamente unha hora.