Detido o principal sospeitoso da desaparición de Diana Quer

RIANXO> A Garda Civil detivo ó principal sospeitoso da desaparición de Diana Quer despois de que unha moza de Boiro denunciara esta semana un intento de agresión. José Enrique Abuín Gey xa fora interrogado no momento da desaparición de Diana pero daquela non foi detido ante a falla da probas. OffJosé Enrique Abuín Gey, veciño de Taragoña de corenta e un anos, era detido esta mañá xunto coa súa muller na súa vivenda do lugar de Outeiro. O home, máis coñecido polo alcume de El Chicle, figuraba entre os principais sospeitosos da desaparición de Diana Quer e mesmo se lle chegou a tomar declaración nos días posteriores ó suceso sen que chegase a ser detido pola falta de indicios. Agora, a denuncia presentada este martes en Boiro por unha moza á que presuntamente tratou de agredir permitiu chegar ata a el. Nesta ocasión, a rapaza declarou que o home a intimidou cun coitelo para roubarlle o móbil e tentou introducila no maleteiro do coche ata que finalmente conseguiu zafarse. Sen embargo, os detalles proporcionados pola denunciante tanto na descrición física como sobre o vehículo levaron ós axentes ata o agora detido. Tralo rexistro realizado na vivendas, os detidos foron trasladados ó cuartel da Garda Civil en Padrón e posteriormente á Comandancia da Coruña, onde permanecen custodiados.