A Xunta inviste máis de trinta mil euros na mellora da accesibilidade no CEIP Santa Irene

    PORTO DO SON> A Xunta de Galicia investiu máis de trinta mil euros nas obras de mellora da accesibilidade do CEIP Santa Irene en Porto do Son. O delegado territorial na Coruña supervisou esta mañá os traballos consistentes na construcción dun baño adaptado e a dotación de rampas nos accesos ás aulas e á biblioteca. A incorporación de cara ó próximo curso dun neno con diversidade funcional motivou a axilización do proxecto de mellora da accesibilidade no CEIP Santa Irene. As obras, que se están a acometer con cargo a unha axuda autonómica de trinta e tres mil euros, permitirán o acceso en cadeira de rodas a tódalas dependencias do centro. Estase a habilitar tamén un baño adaptado, dotado cun elevador e unha padiola. O alcalde de Porto do Son, que acompañou ó delegado na súa visita, quixo agradecerlle a colaboración en nome dos pais do alumno. Sinalou ademáis que o centro quedará perfectamente adapatado de cara á incorporación de máis nenos con mobilidade reducida. Os traballos avanzan a bo ritmo polo que estarán rematados antes do comezo do curso escolar.