O PP non asistirá ao pleno de investidura da Mancomunidade do Salnés ao consideralo ilegal

SALNÉS> Rotura total na mancomunidade do Salnés. Agora é o Partido Popular o que non asistirá ao pleno de constitución ao consideralo ilegal. Advirten que todas as decisións que se tomen na asemblea poderán ser impugnadas.

As diferenzas entre o PSOE e o PP na mancomunidade do Salnés está lonxe de chegar a un punto de entendemento. A agrupación voluntaria de concellos cada vez está máis dividida polo enfrontamento entre as formacións máis votadas. A fractura é tan grande que o partido popular non asistirá ao pleno de constitución ao consideralo ilegal.

Os populares aseguran que o pleno non é válido e o tachan de obra de teatro.

Os actuais presidente e portavoz da mancomunidade en funcións aseguran que todos os acordos que se deriven de ese pleno son ilegais e poderán ser impugnados.

Os populares defenderon a súa xestión durante estes catro anos de mandato, ante as acusacións de Fátima Abal. Acusan a rexedora de deixar de lado o ente comarcal.

O luns terá lugar o pleno de constitución no que todo fai indicar que Marta Giráldez sairá elixida presidenta. Pero o futuro da mancomunidade do Salnés seguirá sendo incerto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí