RIBEIRA> Segundo atraco en menos dun ano nesta gasolineira de Ribeira. Aconteceu a pasada madrugada cando dous individuos ameazaron ó empregado cunha macheta para que lles entregara a recadación. Tras facerse co botín, que ascende a uns seiscentos euros, lograron fuxir a bordo dun vehículo.
Afortunadamente, desta volta non houbo que lamentar danos persoais tal e como aconteceu o pasado ano cando os ladróns feriron de gravidade a un empregado ó dispararlle cunha escopeta nunha perna.
Aínda que de momento non se produciron detencións, a Policía sospeitan que os autores dos feitos poden estar relacionados con outro intento de roubo nun garaxe en Padín acontecido unhas horas despois do atraco á gasolineira.