Unha muller acampa as portas da entidade bancaria que lle embargou a súa casa

    SANXENXO> Unha veciña de Portonovo leva tres noites acampada diante dunha entidade bancaria na vila. A mesma que hai uns anos lle concedeu unha hipoteca que se está converter nun pesadelo para esta nai de dous fillos adolescentes, a que o seu soldo malamente lle alcanza para pagar un alugueiro social. 

     

    Leticia Aguín leva tres noites durmindo as portas dunha sucursal bancaria de Portonovo, onde alcanzou un acordo con responsables da oficina para poder acometer o pago da vivenda de protección oficial que agora lle foi embargada. 

    Esta afectada conta cuns ingresos mensuais inferiores aos 600 euros, unha contía insuficiente para facer fronte aos pagos que lles solicita a entidade. A moza conta co apoio da Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Pontevedra.

    O proceso de desafiuzamento foi paralizado polo xulgado. Mentres non se solucione este problema Leticia Aguín seguirá acampando na rúa, segundo as súas palabras, o tempo que faga falta. 

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/08/desafiuzamento_portonovo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/08/desafiuzamento_portonovo.mp4{/flowplayer}