A abundacia de mildiu pon en risco aos viñedos e as futuras colleitas

VILANOVA> Os viñedos tamén se están vendo afectados por unha enfermidade propia desta época como é o mildiu. As abundantes precipitacións e as temperaturas suaves aumentan a incidencia desta enfermidade. Os técnicos aconsellan aos viticultores informarse ben antes de tratar para no afectar ás colleitas.

Os viñedos atópanse nestes momentos na etapa de prefloración. Unha época moi importante para as vides xa que marcará o futuro das colleitas. Nesta etapa a maior ameaza é o mildiu.

As abundantes chuvias e a climatoloxía suave está favorecendo á proliferación desta enfermidade.

A proliferación do mildiu leva aos viticultores a facer máis tratamentos que noutros anos. No caso de Seaga levan 2 tratamentos máis que na anterior tempada. Por iso aconsellan aos viticultores informarse ben antes de tratar para previr enfermidades sen estragar a colleita.

Outros traballos que aconsellan son os dos coidados do chan, mantendo os viñedos limpos evítanse outras enfermidades ou bichos que proveñan das herbas. Tamén resaltan a importancia da utilización dos equipos de protección, tanto na utilización de produtos fitosanitarios como no día a día para evitar os contaxios por coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí