Cinco núcleos de Lousame verán mellorada a súa rede de saneamento

LOUSAME> A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo esta mañá no Concello un encontro de traballo coa alcaldesa, Teresa Villaverde, na que lle infomou da licitación, por preto de un millón de euros, das obras de mellora da rede de saneamento a varios núcleos do municipio, que na actualidade non contan cun sistema de depuración axeitado.

Trátase dos lugares da Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns, A Costa e tamén parte do núcleo de Cruído.

Segundo explicou a propia titular de Infrestruturas o obxectivo é poder iniciar as obras este mesmo ano.

A alcaldesa, Teresa Villaverde, destacou a importancia desta actuación que permitirá resolver a situación actual e garantir así un sistema de saneamento eficiente ós veciños.

As obras conlevarán tamén a construción dunha nova depuradora, na zona da Roucheira,nunha parcela adquirida polo Concello, a onde irán a parar tódalas augas residuaias recollidas a través da nova rede de colectores.

A obra permitiralle ó Concello seguir avanzando cara o saneamento integral do municipio, que hoxe se sitúa por riba do 80%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí