O BNG de Ribeira propón a compensación das taxas municipais

RIBEIRA> Os nacionalistas presentáronlle ó executivo unha serie de medidas en apoio a aqueles colectivos máis afectados pola crise do coronavirus.

Para os nacionalistas, unha vez controlados os contaxios, sería necesario a posta en marcha dunha serie de medidas destinadas a paliar as consecuencias sociais e económicas que vai provocar a crise. Por esta razón apuntan a que a administración local, por ser a máis próxima á veciñanza, debe ser das primeiras en tomar decisións, de aí que propoñan que Concello estableza tódolos mecanismos que sexan necesarios para condonar ou compensar os impostos e taxas municipais a aqueles colectivos que se viron máis afectados pola crise.

Dende o BNG contemplan tamén un paquete de medidas destinado ó colectivo de persoas autónomas, e que o Concello inste á Xunta de Galicia a establecer liñas directas de axuda para este colectivo.

Tamén piden a redución da tramitación burocrática das axudas e se cree un servizo de asesoramento municipal no que os colectivos afectados poidan recibir información sobre as liñas de axudas ás que poden optar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí