Extrugasa e Xuven acadan dúas importantes victorias

baloncesto250_031109.jpgSALNÉS> As vilagarciáns levan xa catro victorias consecutivas e o máis importante, ante rivais directos polo ascenso. A última víctima, o Arranz Jopisa Burgos. O Establecimientos Otero impúxose a un rival directo como o Obradoiro.

Por segunda semana consecutiva o Extrugasa dobregou ó líder na súa pista. Se hai dez días foi ante o Badajoz, nesta última xornada desbancou do máis alto da clasificación ó Arranz Jopisa Burgos (66-63).

Foi noutro encontro moi igualado no que as visitantes saíron mellor e acadaron as primeiras diferencias. Sen embargo, reacionarían as vilagarciáns no segundo cuarto, grazas ó acerto no tiro de Todorova e a varias defensas boas, co que chegaron a dispoñer pouco antes do descnaso da máxima renta do encontro, once puntos(36-25).

Tras cortar a sangría as burgalesas e marcharse seis abaixo ós vestiarios o partido discorreu con moita igualdade de ahí ata o final. Tan só dous tiros libres convertidos por Ylenia Manzanares a falta de 21" puideron decidir o choque en favor do Extrugasa.

Un encontro que ven a deixar ás claras que este Extrugasa nada ten que ver co do ano pasado e que os finais apretados non lle incomodan, é máis, estan a sacalos adiante. Saray Ruiz con 19 puntos, e Gilabert con 17 foron as mellores no aspecto ofensivo. Agora son cuartas na xeral, encadenan a mellor racha da liga con catro victorias seguidas e a semana que ven tocará visitar a cancha do ADBA, equipo da zona morna da táboa.

Na EBA o Establecimientos Otero volveu pola senda do triunfo tras derrotar nun encontro moi axustado ó Óptiva Val Obradoiro por 73-76. Era un rival dos da súa liga e os cambadeses souberon sacar o partido adiante. Foi tamén grazas a dous tiros libres anotados nas postrimerías do encontro, neste caso polo base Pepe Vázquez.

Son quintos outra vez na xeral, xogarían arestora polo ascenso, aínda que a semana que ven reciben ó segundo clasificado, o Feve Oviedo, que leva un balance de seis victorias por tan só unha derrota.

Redacción Salnés