‘A vida é movernos’ programará accións para todos os públicos para fomentar a actividade deportiva

PONTEVEDRA> Pontevedra pon en marcha o programa ‘A vida é movernos’. Trátase dunha ambiciosa proposta da concellería de deportes que busca fomentar a actividade deportiva entre a cidadanía e convertela nun elemento cotiá nas súas vidas. No seu marco impulsaranse accións para todos os públicos en diferentes espazos da cidade.

Pontevedra convida aos seus veciños a facer deporte. “A vida é movernos” é a nova campaña da concellería de Deportes, un amplo programa con propostas  que buscan fomentar a actividade deportiva máis aló da práctica federada.

Con este obxectivo, dende xullo e ata finais de ano irán presentándose propostas variadas e dirixidas a todos os públicos.

A primeira actividade será este venres. A praza de España converterase nun escenario para o hip hop e a danza urbana, a cargo da escola de danza Getting Jiggy.

Dende a concellería de deportes explican que o programa ‘A vida é movernos’ nace con vocación de continuidade, polo que non desbotan nun futuro levar as súas propostas tamén ás parroquias pontevedresas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí