O PP sonense cambia de candidato a dous meses das eleccións

noncandidaturatome.jpgPORTO DO SON> A menos de dous mesesdas eleccións municipais, vén de facerse público que Manuel Tomé non será o candidato do PP de Porto Son.

{flowplayer}barbanza/noncandidaturatome.flv{/flowplayer}

Ó parecer, o pulso que mantiña o ata de agora candidato do  con parte da xestora do partido, así como tamén cunha ampla maioría da militancia, deu coma resultado o cambio de candidato.

As discrepancias existentes no seo do partido eran coñecidas dende hai tempo, tanto a nivel local coma comarcal e autonómico. Aínda así ninguén sospeitaba de que a retirada de Manuel Tomé se fixera efectiva finalmente, e todo parecía indicar que ía ser o candidato oficial, máxime cando xa fora arroupado como alcaldable por membros da propia executiva, tanto a nivel provincial como autonómico o pasado mes de febreiro.

Mutismo absoluto

Fontes desta redacción puxéronse en contacto co propio Tomé que non quixo facer polo de agora ningún tipo de declaración, convocándonos a unha rolda de prensa que ten previsto ofrecer nos próximos días. Tampouco conseguimos contactar con ninguén da xestora para ofrecernos a súa valoración, como tampouco quixeron falar dende a executiva provincial.

A nova caeu coma unha bomba en Porto do Son. A maioría dos veciños preguntados sinalaron descoñecer as posibles causas da retirada de Manuel Tomé coma candidato do PP.

Alternativas

Nos próximos días podería darse a coñecer o nome da persoa que substituirá a Manuel Tomé coma alcaldable da formación conservadora. A actual presidenta da xestora, Asunción Torres, ou o presidente da Asociación Sonense de Empresarios, Luís Oujo, soan como as posibles alternativas.

Redacción Barbanza