O concello acordará a vindeira semana a taxación definitiva do Pazo

    PORTAVOCES_VILANOVA copia.jpgVILANOVA> Para iso, a finais desta semana a corporación visitará as instalacións do inmoble. O proceso rematará o 9 de decembro.

    {flowplayer}images/salnes/VILANOVA_VISTA_REAL.flv{/flowplayer}

    Unha vez máis os portavoces dos grupos municipais con representación no concello de Vilanova reuníronse esta mañá na casa consistorial para avanzar nos acordos para a adquisición do Pazo de Vista Real, antigo ben do clan dos Charlíns. Unha xuntanza que fora convocada o pasado venres con urxencia tras recibir o último informe de taxación dos equipos técnicos municipais. Ante estas primeiras valoracións do inmoble, a finais de semana decidiron facer unha visita ó Pazo para ver de primeira man o estado no que se atopa.

    Deste xeito, a próxima semana o arquitecto municipal presentará a taxación definitiva que será a oferta que o concello presentará en sobre pechado ante a Audiencia Nacional.

    Este proceso rematará o nove de decembro data no que será adxudicado o Pazo Vista Real. Polo momento, Gonzalo Durán informou que ningún particular solicitou información urbanística ó concello interesándose polo inmoble.

    Redacción Salnés