Antonio Pérez Insua continuará á fronte do PP noiés

congresoppnoia_091109.jpgNOIA> Antonio Pérez Ínsua repetirá catro anos máis como presidente do PP de Noia, despois de obte-lo respaldo maioritario dos militantes do partido.

{flowplayer}barbanza/congresoppnoia.flv{/flowplayer}

Uns 205 afiliados do PP de Noia acudiron na tarde do sábado ata o coliseo Noela para participar neste congreso que tiña como principal finalidade a elección da nova executiva.

Ó final a candidatura encabezada por Antonio Pérez Insua foi a máis respaldada, ó consegui-lo 57% dos votos emitidos. A outra opción, a liderada por José Pérez, obtivo tan só o 41,9% dos votos.

Unidade

Nada máis coñecerse o resultado do escrutino e baixo unha gran ovación, Antonio Pérez Ínsua, subeu ó escenario. Durante o seu discurso fixo un chamamento á unidade dentro do partido, plantexándose coma reto principal do seu novo mandato recupera-la alcaldía noiesa.

Nos próximos días está previsto unha reunión da nova executiva, na que hai un 50% aproximadamente de caras novas, na cal se definirán os cargos que terá cada un dos integrantes. O acto foi clausurado polo presidente provincial, Carlos Negreira.

Redacción Barbanza