SANXENXO> O Gallaecia Sport Bar de Sanxenxo celebrará o II Campus indoors Gallaecia 2019. O local conta cun simulador de golf de última xeración. Impartirá as clases o exgolfista profesional Álvaro Beamonte.
Os afeccionados ó golf ou aqueles que teñan a curiosidade por aprender este deporte terán unha oportunidade nos próximos días no Gallaecia Sport Bar de Sanxenxo. O local celebra o II Campus Indoors Golf Gallaecia 2019.
O local está dotado cunha das mellores tecnoloxías de simulador de golf a nivel mundial.
O simulador permite ós xogadores coñecer toda a información dos seus golpes e practicar nos mellores campos do mundo como os de St. Andrews ou os de Pebble Beach.
As clases impartiranse o martes e o mércores de 12 a 14 horas e de 19 a 21 horas. Os organizadores agardan cubrir todas as prazas e que o campus siga crecendo.
Ademais das clases do campus tamén haberá outras privadas tanto martes como mércores de 17 a 21 horas. Todas impartidas polo ex xogador profesional e comentarista nacional Álvaro Beamonte.