As restricións obrigan Á Illa a honrar ao seu patrón sen ningún festexo

A ILLA> A Illa de Arousa non puido celebrar o seu patrón como nos anos anteriores. As restricións sanitarias levaron ao concello a cancelar a programación do San Xulián, celebrándose tan só dúas misas. Aínda así non faltaron os que se vestiron coa súa mellor gala para gozar dun día especial na vila.

O 7 de xaneiro é unha data marcada no calendario da veciñanza da Illa de Arousa, o día do seu patrón, San Xulián. Nesta data sinalada, todo o pobo da Illa vótase as rúas coas súas mellores galas para gozar do seu festexo. Pero as imaxes dos anos anteriores contrastan coas deste ano, onde as rúas e os bares atopábanse practicamente baleiros.

A situación sanitaria que atravesa a vila e as restricións levaron a moitos veciños a pospoñer a celebración do San Xulián.

Aínda así non faltaron os que se vestiron coas súas mellores galas para celebrar o día do seu patrón.

A situación non impide continuar coa tradición, pero sempre respectando as restricións.

A programación das festas reduciuse unicamente a dúas misas, sen actividades culturais nin pasacalles. Os poucos bares que estaban abertos tiñan de límite ata as 6 da tarde. A veciñanza da Illa tivo que honrar ao seu patrón doutra maneira pero coa esperanza volver a celebrar para o ano o seu día principal igual ou mellor que nos anos anteriores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí