A nova ETAP non solucionará o problema da microcystis

    CALDAS> A Xunta de Galicia está a acometer as obras de duplicación do depósito da Estación Depuradora de Auga Potable, ETAP en Caldas de Reis.

    {flowplayer}images/salnes/touris_etap_caldas_140612.flv{/flowplayer}

     Esta actuación supón un investimento de 600.000 euros do goberno galego que virán a mellorar notablemente a calidade chegando a duplicar a cantidade de litros de auga que é quen de subministrar. Esta infraestructura, longamente desexada polos caldenses, podería estar rematada no vindeiro mes de agosto.

    A súa creación supuxo un investimento de 600.000 euros por parte da Xunta de Galicia, quedando a xestión do total dos terreos precisos pendente para o Concello. Amais da construcción deste depósito de 2.200 metros cúbicos de capacidade, a execución de dous pozos de captación e un pozo de bombeo no río Umia, estanse a acometer as obras de mellora do acceso inferior á ETAP e a execución da condución de impulsión dende a captación ata a potabilizadora, Un exemplo de colaboración institucional que porén, non garante que se dea por rematado co problema cicrocystis, a alga tóxica que tanto mal fixo o pasado ano no encoro da Baxe.

    Estas obras forman parte do Plan Umia no que se orzamentaron 22 millóns de euros de cara a garantir o subministro de auga a esta comarca e mellorar a calidade da auga do encoro de Caldas de Reis.

    Esta ampliación da ETAP permitirá duplicar o número de veciños beneficiados no casco urbano desta localidade, pasando de 4.000 a 8.000 os usuarios que recibirán auga dende este depósito

    Redacción Salnés