O comercio local acicálase para os seus clientes

    zona_aberta_convenio100.jpgVILAGARCÍA> Dar boa imaxe. Este é o principal obxectivo do convenio asinado por Zona Aberta e Peluquería París, …

    {flowplayer}images/salnes/zona_aberta_peluqueria.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Dar boa imaxe. Este é o principal obxectivo do convenio asinado pola asociación de comerciantes Zona Aberta, de Vilagarcía, coa Peluquería París.

    Os asociados e mailos dependentes das súas tendas terán importantes descontos nesta firma, que tamén dispensa produtos de cosmética. Para eles haberá unha rebaixa do cincuenta por cento en estética e peiteados, un 25 por cento en tinguidos e outros tratamentos técnicos e un 15 por cento en produtos de peitado. Este salón de peiteado atenderá ós socios e dependentes de Zona Aberta os martes, mércores e xoves de nove a dez e media da mañá.

    Amais destas vantaxes, Peluquería París ofrece matrícula gratuíta na súa academia ós fillos dos asociados e os seus empregados. O convenio asinado hoxe terá vixencia durante un ano.

    Redacción Salnés