Catoira investirá 450 mil euros das axudas da Deputación en transformar o vello edifico consistorial nunha casa das artes

CATOIRA> A deputación de Pontevedra investirá máis de 450 mil euros na renovación da vella casa consistorial de Catoira. O novo edificio será utilizado como escola de teatro e música ademais doutros usos para a cidadanía. A previsión é que se comece o 1 de setembro cun prazo de execución de 3 meses.

A vella casa consistorial de Catoira terá unha segunda vida. O concello a través das axudas da Deputación de Pontevedra realizará unha renovación completa do edificio para convertelo nun espazo público para os cidadáns.

En total a obra terá un custo de 450 mil euros. Será financia a través do plan Reacpon e do Plan concellos da Deputación de Pontevedra.

Dende Catoira sinalan a importancia que supón para eles esta renovación e poder darlle un uso útil para a veciñanza e educativo para os nenos e nenas.

A previsión é que as obras comecen o 1 de setembro cun prazo de execución de 3 meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí