O Extrugasa recibe ó Aros en busca do sexto triunfo

baloncesto250_131109.jpgSALNÉS> Na Liga EBA o Establecimientos Otero ten unha saída accesible á pista do Xiria mentres que na LF2, o Extrugasa recibe ó Aros de León. As vilagarciáns acuden en busca da súa sexta victoria consecutiva.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_131109.flv{/flowplayer} 

O Extrugasa defende coliderato esta fin de semana. As vilagarciáns son segundas na xeral e non están dispostas e deixar eses postos de privilexio e menos ante un rival como o Aros, un equipo que loita pola permanencia e que non debría poñer en apuros ás de Tito Díaz. Sen embargo, a igualdade que se está a ver na liga non invita á relaxación. Para este choque o técnico lucense pretende que o equipo suba o seu nivel ofensivo. As leonesas poderían axudar xa que son as que máis puntos reciben de toda a liga. Sen lesións, tódalas xogadoras están dispoñibles para o encontro.

Na Liga EBA o Establecimientos Otero viaxa a Carballo para medirse ó Basket Xiria. Dúas victorias en seis xornadas para os coruñeses que non reflicten o potencial dun equipo con calidade para estar arriba. Non será tarefa sinxela traerse a victoria a Cambados para os de Diego Doval. Ademais deberán acudir á cita coa baixa de Del Río, ausencia á que se lle poderían seumar as de Juan Mato e Ioannis Sinis, con gripe, ademais de Norman Rey. Un partido importante para as aspiracións do Xuven, de cara a meterse entre os cinco primeiros da competición.

Redacción Salnés