Falece un mariñeiro no porto de Ribeira

    RIBEIRA> Un mariñeiro de Ribeira falecía este mediodía no porto da localidade mentres realizaba tarefas de descarga ó bordo do Vilar Dous, unha pequena embarcación de artes menores. Á espera de coñecer os motivos da morte, todo apunta a causas naturais, posto que o home duns corenta anos e natural de Ribeira, semella que sufriu un infarto. Tras dar aviso ós servizos de emerxencia, dúas ambulancias desprazáronse ata a zona portuaria onde o persoal facultativo tentou, sen éxito, reanimar á vítima. Tamén acudiron ó lugar varias dotacións da Policía Nacional e da Garda Civil así como numerosos traballadores do porto que se concentraron na zona nada máis coñecer o acontecido.