Premian a ‘valentía’ dos veciños de Carril por botarse a apagar o lume de Cortegada

    VILAGARCÍA> A valentía dos veciños de Carril na defensa da Illa de Cortegada será recoñecida a nivel de toda España. A Asociación de Municipios con Territorios en Parques Nacionais, Amuparna, concede o seu premio anual ao pobo carrilexo, recoñecendo o seu labor para atallar o lume que este verán ameazou a riqueza da illa. Pola súa banda, o alcalde asegurou que non permitirá que chegue o verán sen ter revisado o protocolo de actuación nestes casos.

     

    A entrega do premio celebrarase o sábado, no marco das décimo novenas xornadas sobre municipios e parques nacionais que anualmente organiza Amuparna. Representantes de 80 concellos de toda España que teñen no seu territorio espazos protexidos están dende hoxe en Vilagarcía para participar desta iniciativa, que ten como obxectivo permitir aos asistentes intercambiar experiencias na xestión destes espazos. Tamén buscan presentar unha fronte común para reclamar máis peso das administracións locais afectadas nas decisións que se toman sobre os parques naturais. Charlas, mesas redondas e visitas a Cortegada e a outras áreas do Parque das Illas Atlánticas compoñen o programa destas xornadas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/11/total_colas_xornadas_nacionais.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/11/total_colas_xornadas_nacionais.mp4{/flowplayer}