Sanxenxo planta máis de 15.000 especies vexetais na nova zona axardinada da Praza do Mar

SANXENXO> A primeira fase da remodelación portuaria de Sanxenxo rematará o 1 de decembro. Cando menos, é o cálculo que fan dende o concello. Este arranque dos traballos finalizarase coa rampla axardinada, na que se plantarán máis de 10.000 especies diferentes.

Co remate da rampla axardinada, o concello de Sanxenxo dará por finalizada a primeira fase da remodelación portuaria do municipio. Calcúlase que estará lista o vindeiro 1 de decembro.

Esta primeira fase dos traballos ten un custo de 1,5 millóns de euros, financiados con fondos da empresa municipal Nauta Sanxenxo. A intervención permite a creación dun novo espazo verde en pleno centro urbano.

A segunda fase da obra contempla a remodelación do edificio de Capitanía e o resto de inmobles portuarios. Está previsto, segundo Martín, que se licite a principios de 2024.

A encargada do deseño do novo espazo axardinado é a gañadora do Premio Arquitectura 2021 na categoría de “Sustentabilidade e Saúde. Valores universais” do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España, María Fandiño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí